Vázquez Abad comprométese co Concello de Marín a concluír antes de fin de ano as obras no Xacemento de Mogor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarín
A-
A+
Reunión de Xesús Vázquez coa alcaldesa de Marín

Reunión de Xesús Vázquez coa alcaldesa de Marín

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprometeuse coa alcaldesa de Marín, María Ramallo a entregar antes de final de ano as obras que a Xunta de Galicia vén realizando no Centro acollida de visitantes no xacemento arqueolóxico dos Petróglifos de Mogor.

Os traballos correspóndense coa execución do proxecto museográfico e o acondicionamento das pasarelas e completan as actuacións previstas para que, a principios de 2015, o devandito centro museal se poda abrir ao público e difundir o legado que supón estes extraordinarios conxuntos de gravados rupestres.

O investimento realizado pola Consellería, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, durante o último quinquenio nesta sobranceira estación rupestre é de 279.174 euros. As actuacións incluíron, desde as primeiras sondaxes até o proxecto museográfico, todos os procesos necesarios para a xestión, conservación e posta en valor dos Petróglifos.

26 de novembro de 2014 | 20:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.