Vázquez Abad asiste a un cine Forum en Tui posto en marcha polo centro rural ‘Mestra Clara Torres’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Xesús Vázquez na inauguración do cine fórum

Xesús Vázquez na inauguración do cine fórum

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na inauguración do Cine Fórum do CRA ‘Mestra Clara Torres’, en Tui, unha iniciativa que emprega o cine como vehículo educativo ao tempo que sirve para introducir aos máis pequenos na maxia do sétimo arte.

O proxecto deste Centro Rural Agrupado pretende utilizar o cine como unha ferramenta de ensino que, ademais de resultar lúdico, fomenta a participación activa da comunidade educativa.

O ciclo de cine do CRA Mestra Clara Torres iniciouse hoxe coa proxección do filme ‘Monstruos University’ na sesión infantil; e con ‘Cinema Paradiso’ na sesión para adultos. Está previsto que a programación se alongue ata o mes de xuño, a razón dunha película para nenos e outra para adultos cada mes.

Ao acto asistiron a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez; o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; o reitor do Seminario Menor, Fernando Cerezo; e o xefe territorial da Consellería na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares.

27 de novembro de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.