Vanessa María recibirá a Medalla de Ouro ó Mérito Policial
O secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, imporá este sábado a Medalla de Ouro ao Mérito Policial a título póstumo á axente falecida nun tiroteo en Vigo, Vanessa María L.C., de 36 anos de idade.
Diso informou o Ministerio de Interior a través dun comunicado, no que sinalou de que este acto terá lugar no marco da visita do secretario á capela ardente da axente ás 13,00 horas.
Estará acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o director xeral da Policía, Ignacio Cosidó; e o director adxunto da Policía Nacional, Eugenio Pino.
A capela ardente cos restos mortais de Vanessa María instalouse na Comisaría de Vigo e está aberta ao público dende as 10,00 horas deste sábado.











