Uns 90 mozos participaron na campaña os “NOC-turnos” para promover a figura do condutor alternativo
A campaña “Os NOC-Turnos desenvolvida o pasado mes de outubro con obxectivo de sensibilizar á mocidade sobre a incompatibilidade do consumo do alcohol coa condución tivo unha elevada participación en Vilagarcía. Un total de 90 mozos e mozas tomaron parte na iniciativa promovida pola Federación Española de Bebidas Espirituosas en colaboración coa Concellería de Xuventude e establecementos de ocio nocturno da cidade, superando cun índice de 0,0 os catro controis de alcoholemia establecidos e obtendo, polo tanto, o premio dun cheque gasolina por importe de 20 euros.
A FEBE comunicou ao Concello os resultados desta campaña, así como as conclusións extraídas da mesma. Segundo apuntan, a idade media dos participantes foi de 27 anos e o gasto medio que realizaban por noite é de 18 euros. As enquisas realizadas desvelaron que o 82% dos participantes declarou que nunca bebe si tiña previsto conducir. O 65% sempre ou case sempre usa o coche cando sae de marcha e o 74% practicara algunha vez o condutor alternativo.
Ademais, o 80% dos participantes manifestaron que lles resulta fácil de adoptar la figura del condutor alternativo, polo que aseguraron que a practicarán no futuro.
Para el 100% dos mozos, opinou que a información recibida acerca doconsumo responsable de alcohol que se lle ofreceu a través desta campaña foi interesante. O 35% dos mesmos descoñecía a información relativa aos efectos do consumo de alchol na condución e as consecuencias dos mesmo.
A campaña “Os NOC-Turnos” desenvolveuse en Vilagarcía a noite do venres 17 de outubro coincidindo cos actos da Noite Europea sen Accidentes, iniciativa europea que, cada mes de outubro dende 2003, promove o ocio seguro e as condutas responsables ao volante. A campaña realizouse coa colaboración de diversos locais de ocio nas principais zonas de ocio de la localidade: a zona do Castro – locais ORB, Bianco e Gin Club – a zona de Méndez Núñez – locais Sold Out e Coco; a zona da Mariña e outros establecementos doutras zonas como Musgo.
Varios volu8ntarios que foron formados previamente actuaron como ionformadores nos locais participantes para realizar os controis de alcoholemia e proporcionar toda a información necesaria e as mensaxes axeitadas para transmitir aos mozos e mozas a importancia de que as pandillas, cada vez que saian de marcha, elixan un condutor alternativo, aquel que non bebe, para poder levar o coche se xeito seguro. Tamén se lles dou información sobre que tipo de consumo pode considerarse responsable (non inxerir máis de 30 gramos de alcohol diarios en homes e 20 gramos en mulleres, descansando dous días á semana) e se lles recomendará que practiquen hábitos saudables como inxerir algún alimento mentres beben ou alternar bebidas alcohólicas con non alcohólicas.
Para concienciar sobre esta práctica do condutor alternativo, a campaña Os NOC-Turnos premiouse aos xóvenes que actuaron como condutores e non consumiran alcohol en toda a noite. Os premios ían dende camisetas, snaks e vales para consumir bebidas sen alcohol, ata o premio final consistente nun cheque gasolina por valor de 20 euro para aqueles que deran 0’0 grados nos catro controis.











