Uns 800 usuarios de Benestar Social en Mos reciben apoio integral para afrontar o día a día

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Benestar Social mosense que dirixe e edil Sara Cebreiro ten sobre 800 usuarios, entre usuarios individuais e familias, dos que 460 son casos novos abertos durante o presente ano 2014; segundo datos aportados esta mesma mañá pola concelleira responsable deste departamento municipal.

Os programas dos que se benefician estes 800 veciños e veciñas de Mos usuarios de Benestar Social son o RISGA, Xantar na Casa, SAF (Servizo de Axuda no Fogar), axudas concretas en caso de Emerxencias Sociais, préstamo de camas articuladas e grúas para enfermos encamados, xestión de solicitudes para o Centro de Día de Petelos (que leva a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, AFAGA), programas de Muller e Igualdade e un programa de apoio ás familias denominado Programa de Educación Familiar coordinado pola psicóloga municipal, entre outros plans de acción social.

Este último é un programa dos servicios sociais comunitarios básicos, de apoio educativo e psicosocial dirixido ás familias, co obxectivo detectar, previr e superar as situación de dificultade, especialmente as situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección; así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración  e da participación social das familias. Outro dos programas de Benestar Social de Mos é o Servizo de Asesoramento e Apoio Psicolóxico dirixido a todas aquelas persoas que o demanden previa cita para recibir axuda psicolóxica para afrontar casos concretos e puntuais. Actualmente quenes están a ser atendidas por este servizo son preferentemente mulleres.

Outra iniciativa da que se benefician os nenos e nenas membros das unidades familiares usuarias dos servizos sociais mosenses, é a campaña de agasallos de Nadal agasallos que se lles entregan a estes cativos con motivo do Día de Reis.

Ademais, dende Benestar Social organízanse ó longo de todo ó ano actividades, cursos e accións formativas puntuais das que poden beneficiarse os seus usuarios.

En concreto actualmente estase a levar a cabo un curso dirixido ás familias con fillos a cargo, usuarias deste departamento municipal, e cuxo diagnóstico social indica a necesidade de promover hábitos saudables e prevención de drogodependencias e toxicomanías.

Esta acción formativa está financiada pola Deputación de Pontevedra a través do PAM (Programa de Acción Municipal da administración provincial) 2014.  E sobre ela a concelleira Sara Cebreiro apuntou os bos resultados que xa se están a acadar coa mesma gracias á metodoloxía empregada, que se fundamenta en crear un espacio grupal para a reflexión e a aprendizaxe de novos puntos de vista e apoios positivos para a saúde física e psicoemocional dos participantes, enfocada, entre outras cuestións, a fomentar pautas de alimentación de dieta saudable, consumo e hábitos responsables para co propio corpo e co benestar dos demais e educación para a saúde no sistema familiar.

Asimesmo os beneficiarios deste curso están a aprender sobre o coidado integral do corpo, da mente e das emocións xunto co coidado das relacións interpersoais.

Os docentes empregan nas sesións impartidas, dúas por semana, diferentes liñas de traballo, unha persoal e outra grupal para a identificación e utilización de novas ferramentas que axuden a coñecer mellor o binomio corpo-mente, e tomar as rendas da saúde propia e da dos integrantes da unidade familiar. Deste modo os obxectivos que se pretenden alcanzar unha vez rematado o curso son que os participantes logren ampliar a súa parte sá para alcanzar un maior grao de satisfacción no seu día a día e que aprendan tamén como educar nese mesmo hábito ós seus fillos e fillas. “Así, esperamos poder conseguir que cada un dos alumnos e alumnas chegue a ter elaborada a sua propia receita para a saúde unha vez finalizadas as clases”, declarou Cebreiro.

A metodoloxía coa que se desenvolve o curso é activa e participativa de xeito que os e as participantes poidan reflectir as aprendizaxes no transcurso da súa vida cotiá. Durante as clases explícanse conceptos teóricos básicos e realízanse exemplos prácticos para os alumnos e alumnas e dinámicas de grupo para unha aprendizaxe máis participativa, empregando sempre o sentido do humor e un clima favorecedor da atención e a concentración no transcurso da acción formativa.

Os contidos concretos que se están a impartir nas clases son alimentación sá e equilibrada, exercicio físico (deporte, estiramentos, postura corporal, respiración), ocupación do tempo de lecer (desenvolvemento e coidado persoal), consumo responsable (¿que consumimos?, ¿que habitos temos?, hábitos saudables no consumo), hábitos nocivos (conceptos básicos sobre adiccións e dependencias), autoestima, convivencia, comunicación e negociación (a asertividade como hábito saudable), educación afectivo-sexual, as dimensións da saúde (“Pouco prato, moito trato e abundante zapato”), coñecer e ampliar a nosa parte sá e receita individualizada para a saúde (técnicas de atención, concentración e relaxación para o día a día).

7 de novembro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.