publicidade hoxe

Unha xornada de lectura pecha o obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Unha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no ” II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo”. Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta, procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos.

Este xoves 27 de novembro ás 20:30 horas, as e os participantes no Obradoiro darán a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública que promete non deixarnos indiferentes. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar. O acto é aberto a todo público e levará por título “Desfíxose o nobelo”.

26 de novembro de 2014 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.