publicidade hoxe

Unha vintena de coidadores, familiares e profesionais participan en Pontedeume nun curso formativo de AFAL

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeume
A-
A+
Curso de AFAL en Pontedeume

Curso de AFAL en Pontedeume

Unhas vinte persoas que exercen o papel de coidadores principais, familiares de enfermos e profesionais do ámbito sociosanitario participan desde o pasado luns no curso formativo que, sobre Alzhéimer e outras demencias, imparte AFAL Ferrolterra no municipio de Pontedeume. A acción inclúese no Programa Rede Paraugas Alzheimer que promove e financia a Fundación Barrié e FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias).

Guiada polo pedagogo voluntario de AFAL Ferrolterra, Jesús Vitoria, a iniciativa ten lugar nas instalacións do Centro de Maiores (Avda. Coruña, s/n). O Programa Rede Paraugas Alzheimer ten por obxectivos fomentar a capacitación e mellorar a calidade de vida das familias coidadoras de familiares con algunha demencia no rural galego; reforzar a solidariedade entre os membros das familias mediante o achegamento dos mozos á realidade das persoas maiores, e aliviar a presión das familias coidadoras e axudalas directamente a manterse nos programas de estimulación necesarios para evitar o seu illamento e a diminución da súa calidade de vida.

26 de novembro de 2014 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.