Unha delegación de Caldas da Rainha visita Ourense para coñecer as instalacións e o modelo termal da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorOurense
A-
A+

As instalacións termais de Ourense servirán á cidade portuguesa de Caldas da Rainha como modelo para o seu proceso de recuperación termal. Durante o día de hoxe, unha comitiva formada por 35 persoas visitan a nosa cidade, polo desexo expreso da Cámara de coñecer in situ o termalismo de Ourense. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, recibiron esta mañá no Salón de Plenos ao presidente e vicepresidente da Cámara municipal, o presidente da Asamblea municipal e deputados municipais, entre outros representantes da vila portuguesa.

Actualmente, desde o goberno municipal de Caldas, unha vila de orixe termal duns 50.000 habitantes próxima a Lisboa, acometen un proceso de recuperación da titularidade das súas instalacións termais, e a súa reapertura.

Na súa estancia, a delegación visitará o Centro de Interpretación e o Centro Termal das Burgas, as instalacións termais da marxe do río e a zona histórica da cidade.

Adxuntamos os horarios e o programa completo da visita:

12:00 – Casa do Concello. Recepción no despacho de alcaldía:

Alcalde
Concelleiro de Termalismo
Presidente da Cámara de Caldas
Vicepresidente da Cámara de Caldas

12:15 – Recepción no Salón de Plenos do Concello

13:00 – Visita guiada As Burgas

Con Jose María Eguileta

14:00 – Comida en Est. Termal Outariz

16:00 – Paseo polas marxes termais do Miño (Muíño da Veiga, Outariz e Burga de Canedo)

18:00 – Visita guiada e baño en Est. Termal Outariz

20:00 – Volta á cidade. Cea nos Viños  

28 de novembro de 2014 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.