Un total de 29 traballos foron presentados ós Premios de Investigación da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Nesta ocasión, presentaronse 5 no apartado de Ciencias e Tecnoloxía. Tratan de temas relativos á acuicultura, sanitarios e desenvolvemento de tumores, estudio de materiais e estudios de Tomografía.

No capítulo de Humanidades e Ciencias Sociais foron outros 5 os estudios presentados. Algúns dos temas que abordan son a Brilat, o sector hoteleiro, os xacementos castrexos de Deza, os oficios artesáns en Pontevedra e o análise da violencia de xénero adolescente na provincia de Pontevedra.

A sección que máis traballos recibeu foi a de Novos Investigadores con 19 traballos que optan ao premio. Entre outros temas, abordan asuntos como os procesos de europeización, o trasvase campo-cidade, os sistemas de información xeográfica, o estudio de genes e desenvolvemento larvario do mexilón, as intervencións no patrimonio, o alcoholismo, a veterinaria e mellora pecuaria de Galicia, unha análise de medios de comunicación televisivos, a concepción de Galicia como cidade difusa ou o impacto ambiental na zona transfronteiriza.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que coa convocatoria anual dos Premios de Investigación, a Deputación de Pontevedra quere colaborar no incremento do patrimonio cultural e científico da provincia para situala como un referente de futuro e de excelencia en Galicia.

“Hoxe, a creatividade e a investigación e innovación científica son unha forza social de primeiro orde, fundamental para a creación de valor público”, dixo.

Louzán manifestou a súa esperanza en que o coñecemento que xeneran os investigadores e científicos pontevedreses sexa “de utilidade e de aplicación na mellora dos procesos produtivos das empresas, dos emprendedores, dos creadores de emprego e riqueza”.

22 de novembro de 2014 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.