Un total de 22 mulleres participan no Curso de Manualidades en Ribadumia
Un grupo de vinte dúas mulleres inauguraron a sétimo edición do Curso de Manualidades organizado pola Concellería de Servizos Sociais de Ribadumia. A actividade ten lugar tódolos xoves ata xuño no Centro Social de Besomaño en horario de 16:00 a 19:00 horas. As participantes poderán elaborar distintos traballos con técnica tridimensional, estaño, madeira, cristal, decoración de escaiola, pintura en tela e en metal, cadros de area e de fío…
O curso englóbase no programa “Ocio no teu tempo”, incluído no Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Ribadumia. O obxectivo que se persegue desde a concellería que dirixe María José Barreiro e ofrecer actividades de lecer para este colectivo, a través das que fomentar a creatividade e o traballo en grupo.











