Un total de 10.811 recibos do IVTM de Lalín rebaixaranse entre un 13 e un 26%
Un vehículo que teña entre 8 e 12 cabalos fiscais pasará de pagar 42 euros en 2014 a 34 euros no recibo de 2015, cun aforro de nove euros un 26%, en tanto que os que teñan entre 12 e 16 cabalos fiscais pasaran de pagar 90,64 euros en 2014 a 81,24 euros no ano 2015, aforrando 9,4 euros. Apuntar que nos 3.500 vehículos que teñen menos de 12cv fiscais, o recibo que terán que pagar é o mínimo que se paga por lei ao ter o coeficiente multiplicador máis baixo, fixado en 1.
O alcalde de Lalín, José Crespo, avanzou hoxe que ca rebaixa aprobada para o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica no pleno do mes de outubro, rebaixaranse un total de 10.811 recibos de vehículos, un 85% de todos os recibos que se expiden, dos que 8.946 corresponden a coches, 1.483 a furgonetas, furgóns e camións de pequeno tonelaxe e 382 a tractores agrícolas.
No caso dos vehículos, as rebaixas máis importante prodúcense nos recibos das dúas categorías máis numerosas cuxos propietarios aforrarán no entorno dos 10 euros por cada un dos 8900 recibos destas dúas categorías . Deste xeito, un vehículo que teña entre 8 e 12 cabalos fiscais pasará de pagar 42 euros en 2014 a 34 euros no recibo de 2015, cun aforro de nove euros un 26%, en tanto que os que teñan entre 12 e 16 cabalos fiscais pasaran de pagar 90,64 euros en 2014 a 81,24 euros no ano 2015, aforrando 9,4 euros. Na categoría de menos de 8 cv fiscais, o aforro será de 3 euros pasando o recibo de 15,90 a 12,62 euros. As dúas categorías restantes, as correspondentes aos vehículos máis potentes e con máis cilindrada manterán a cuantía actual.
Apuntar que nos 3.500 vehículos que teñen menos de 12cv fiscais, o recibo que terán que pagar é o mínimo que se paga por lei ao ter o coeficiente multiplicador máis baixo, fixado en 1.
O esforzo do grupo de goberno na rebaixa das taxas e prezos públicos tamén se traducirá en reducción significativas nos recibos correspondentes a furgonetas, furgóns e pequenos camións, que totalizan 1.483 recibos que verán reducida a súa cuantía. Os camións de menos de 1000 kilos reduciranse un 13% pasando de 53,27 euros a 47,78. NO caso dos camións de entre 1000 e 3000 kilos a rebaixa será de case 11 euros, ao pasar de 105 a 94 euros. Os de máis de 3000 kilos manteñen as contías actuais
A rebaixa dos recibos do IVTM alcanzan tamén á tractores non destinados a actividades agrícolas (os agrícolas están exentos de pago) que terá reducións en todalas categorías, rebaixandose 382 recibos. Os de menos de 16 cv pasan de 22,26 euros a 19,97 euros; a categoría de entre 16 a 25 Cv pasan de 34,99 euros a 31,38 e os de máis de 25 cabalos terán un desconto de 11 euros ao pasar de 105 euros a 94.
A día de hoxe, Lalín ten un total de 16.487 vehículos no padrón do IVTM dos que 10.811 verán reducidos os seus recibos entre un 13 e un 26% con rebaixas de ata 11 euros por recibo. A maiores, outros 3.392 vehículos teñen unha bonificación do 100% ou están exentos por distintas cuestións.
Entre os bonificados ao 100% figuran 10 coches que teñen matrícula de históricos e 1.801 vehículos que se fabricaron antes de xaneiro de 1990 por tanto teñen a bonficación total. A maiores, 1581 vehículos están exentos de pagamento do ITVM, son 17 remolques de menos de 750 kilos, 1077 tractores e maquinaria agrícola automotor e 437 corresponden a minusválidos. Medio cento máis corresponden a vehículos municipais, de emerxencias ou de forzas de seguridade.
A nivel anecdótico, Lalín conta con 561 ciclomotores e 700 motocicletas que pagan o ITVM en función da categoría de cilindrada na que están enmarcados.
Con esta rebaixa, Lalín convertese nun dos Concellos da comarca do Deza e de Galicia cos prezos polo imposto de vehículos de Tracción Mecánica máis baixos. De feito, nas categorías de ata 12 cv fiscais, na que hai preto de 3.500 vehículos, pagan o prezo mínimo que marca a lei ao ter un coeficiente 1.











