Un grupo de estudantes de Alemaña e outro do Colexio Divina Pastora de Lugo visitan o Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos estudantes

Visita dos estudantes

O Alcalde accidental, Luis Álvarez, recibiu esta mañá a visita de 50 alumnos e alumnas de 3º de Primaria do colexio CPR Divina Pastora Salesianos de Lugo que se achegaron a coñecer o funcionamento da administración local.

Luis Álvarez explicoulles o funcionamento do Pleno e respondeu as preguntas dos nenos e nenas sobre o traballo que desenvolve como Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

Alumnos Alemaña

Esta mañá tamén visitou a Casa Consistorial un grupo de 26 mozos e mozas da cidade de Kleinmachnow, ao sur de Berlín en Alemaña, de intecambio no IES Fingoi e que estiveron pola nosa cidade durante estes días.

Neste caso, os alumnos e alumnas interesáronse pola situación mediambiental da cidade e polo tratamento da auga.

6 de novembro de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.