publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un dos cinco menores fuxidos regresa ao centro de Rábade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRábadeSucesos
A-
A+
Europa Press

Un dos cinco xóvenes que esta semana se escaparon do Centro de Menores de Rábade (Lugo), durante unha excursión, regresou xa á institución, mentres que as forzas de seguridade buscan aos outros catro.

Segundo explicaron fontes da Consellería de Traballo, os cinco xóvenes internos do Santo Anxo, centro dependente da Xunta de Galicia, fuxiron o mércores durante unha excursión en Ortigueira. Os responsables iniciaron entón a procura e alertaron ás forzas de seguridade, que despregaron un operativo para tratar de localizalos.

Este xoves, un dos menores reincorporouse pola súa propia vontade ao centro, mentres que continúan os labores para dar cos outros catro fuxidos.

A Consellería de Traballo lembrou que o Santo Anxo é un centro de réxime aberto. De feito, nos últimos meses rexistrou varios casos de fuxida dos seus internos, o último deles hai xusto un mes, cando cinco xóvenes escapáronse durante a noite. Todos eles regresaron ao centro en días sucesivos.

28 de novembro de 2014 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.