Tres detidos na zona de Arousa dentro dunha operación antidroga que continúa aberta en Galicia
O Equipo Contra o Crime Organizado (ECO) da Garda Civil mantén aberta unha operación contra o tráfico de drogas en Galicia na que foron detidas, polo menos, tres persoas na comarca pontevedresa de Arousa.
Segundo informaron fontes próximas á investigación, na tarde-noite do pasado sábado 15 de novembro foron arrestadas tres persoas na zona de Baión.
A Garda Civil desde Madrid é a que se encarga de coordinar este novo operativo aberto contra o tráfico de drogas na Comunidade galega.