Tres derrotas consecutivas deixan o Acanor Novás cunha bagaxe de 7 puntos sobre 16 posibles
‘É unha situación coa que naide contaba. Sabiamos que este ano non ía ser un paseo pero naide pensaba ter menos da metade dos puntos xogados ata o de agora’. Pero tanto Harris coma o resto do plantel están convencidos de que se se segue remando cara o mesmo lado isto non está para nada perdido. ‘O outro dia en Cisne penso que fixemos un bo partido. O que pasa que tivemos nos minutos finais erros provocados pola falta da confianza e a presión, pero se seguimos nesta liña isto podese remontar.O que non podemos ver agora e a clasificación se non ir partido a partido’.
O rival de mañán e o Promens Cañiza (19:00 h), novato na categoría, pero que camiña con paso firme. Ata o de agora suma nove puntos e xa está preto de conseguir o obxectivo de calqueira recién ascendido, a permanencia. Manteñen o bloque que lle deu o ascenso e reforzaronse con Adrián Freiría, que o ano pasado xogou nas filas do Acanor, e que este verán decidiu cambiar de aires para voltar a xogar co seu irmán xemelgo, Aitor. Eles dous son, xunto ao canteirán rosaleiro Esteban Martínez, tres dos pilares nos que se sustenta este proxecto. Para Harris será especia enfrontarse a este último xa que é foron compañeiros dende que se iniciaron neste deporte ata os 19 anos. ‘Será especial, pero ainda que fora das pistas sexamos intimos, mañán cada un defenderá o seu.’
Mañán, ademáis do encontro, no descanso producirase a presentación de todalas categorías do clube.