Tomiño recolle o premio de Unicef polo traballo a prol da infancia e a adolescencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTomiño
A-
A+
A alcaldesa de Tomiño no acto en Guadalajara

A alcaldesa de Tomiño no acto en Guadalajara

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, recolleu este mediodía no Teatro Buero Vallejo de Guadalajara, a distinción de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada por Unicefno VII Certame de Boas Prácticas; un concurso no que se premian proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia, levadas a cabo por gobernos locais e outras entidades públicas e privadas.

En Galicia so dous municipios recibiron este recoñecemento no 2014: Verín (Ourense) e Tomiño (Pontevedra).

No caso de Tomiño o xurado tivo en conta para outorgar esta distinción, o proxecto “É Aprender, unha sociedade que educa”, no que voluntarios e voluntarias axudan a desenvolver tarefas de apoio escolar a alumnado da ESO.

O xurado, formado por UNICEF Comité Español, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a Federación Española de Municipios e Provincias e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia, fixo público o pasado venres, 17 de outubro, o seu fallo sobre o certame, concedendo en total 36 distincións del VII Certame de Boas Prácticas e 56 Selos Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia, a cidades e pobos españois, polo seu traballo polos dereitos dos nenos.

A alcaldesa de Tomiño asegurou este mediodía sentirse orgullosa de representar a Tomiño no acto de entrega dos premios e sinalou que o goberno local está moi satisfeito con esta distinción “especialmente por vir dunha entidade coma Unicef, que supón un aliciente máis para seguir a traballar pola infancia e a mocidade de Tomiño”.

7 de novembro de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.