publicidade hoxe

Tomiño conmemora o 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+
Acto conmemorativo

Acto conmemorativo

O Concello de Tomiño celebróu esta mañá un acto conmemorativo do 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia, que contou con alumnado de todos os centros educativos do municipio.

O acto, presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a concelleira de Educación, Olga Orduña e a responsable de Unicef Vigo e Zona Sur, María José García, tivo lugar no Salón de Plenos ás 11 da mañá.

Foron os propios escolares os que deron lectura, en primeiro lugar, a un manifesto redactado por eles, sobre os dereitos e deberes da infancia, pasando logo a ler entre todos, un resumo do manifesto de Unicef sobre os dereitos dos nenos e nenas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tomou nota de todo o expresado polos estudantes e comprometeuse en nome do goberno local, a repetir o acto o vindeiro ano, e a traballar nos aspectos mellorables no eido dos dereitos da infancia, especialmente no da educación, pedindo o compromiso da comunidade educativa no mesmo sentido.

Asemade, lembrou que a organización deste acto vén precedida pola distinción de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada recentemente ao Concello de Tomiño por Unicef,no VII Certame de Boas Prácticas.

Os seguintes pasos que se darán agora dende o Concello, será seguir traballando na mesma liña para acadar o premio Cidade Amiga da Infancia, de Unicef, así coma asinar o “Pacto de Estado a prol da Infancia”, que en breve se levará a pleno para a súa aprobación.

28 de novembro de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.