Tomiño conmemora cun acto o 25 aniversario da convención sobre os dereitos da infancia
O Concello de Tomiño organiza este venres, 28 de novembro, un acto conmemorativo do 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia (celebrado o día 20 de novembro pasado), que contará coa presenza dos centros educativos do municipio.
O acto terá lugar no Salón de Plenos ás 11 da mañá, e será nos propios alumnos e alumnas os que darán lectura a un manifesto coas conclusións dunha reflexión previa realizada en torno aos dereitos da infancia. Na oportunidade, contarase tamén coa presenza dun representante de Unicef en Galicia.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lembra que a organización deste acto vén precedida pola distinción de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada recentemente ao Concello de Tomiño por Unicef,no VII Certame de Boas Prácticas.
Os seguintes pasos que se darán agora dende o Concello, será seguir traballando na mesma liña para acadar o premio Cidade Amiga da Infancia, de Unicef, así coma asinar o “Pacto de Estado a prol da Infancia”, que en breve se levará a pleno para a súa aprobación.











