publicidade hoxe

Tomiño celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con frases poéticas nos pasos de peóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra mañá, 25 de novembro, co pintado de frases poéticas nos pasos de peóns da vila.

A campaña, titulada “25 de novembro. Contra a violencia: Amor”, buscaba implicar á toda a poboación no proxecto, seguindo a iniciativa “Madrid te comería a versos”, do grupo de artistas Boa Mistura, que entende o seu traballo coma “unha ferramenta para transformar a rúa e crear vínculos entre as persoas”.

E, segundo explica a técnica de Cultura e Voluntariado, Elizabet Pérez, a iniciativa tivo unha boa acollida por parte da veciñanza, chegando máis de 40 frases relacionadas co amor, o respecto, a paridade e a reivindicación, das que se escolleron 20 que serán pintadas en diferentes pasos de peóns do concello.

Mañá, os pazos de peóns da vila amanecerán pintados con esas frases.

24 de novembro de 2014 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.