Tomiño abre o prazo de inscrición para os novos cursos de ESO
O Concello de Tomiño organiza un curso de formación de adultos co obxectivo de preparar aos alumnos para obter o graduado da ESO por libre ou para preparar as probas de acceso a ciclos medios de formación profesional ou para presentarse ás probas de competencias clave da Consellería de Traballo e Benestar.
Os requisitos para inscribirse no curso serán:
– Estar empadroado en Tomiño.
– Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia.
– Cumprir 18 anos antes do 1 de setembro de 2015, para acceder ás probas por libre para obter o título da ESO.
– Cumprir 16 anos durante o ano 2015, para acudir ás probas de competencias clave que convoca a Consellería de Traballo e Benestar.
– Cumprir 17 anos durante o ano 2015, para acudir ás probas de acceso a ciclos medios.
As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días 14 de novembro e as 14.00 horas do 18 de novembro de 2014, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro, xunto cunha fotocopia do DNI.
Ademais, terán que acudir ás probas do proceso de selección que se celebrarán o 20 de novembro de 2014 no Edificio da Escola Obradoiro de Goián.
Os horarios das probas publicaranse na páxina web do Concello de Tomiño www.concellotomino.com e no taboleiro de anuncios municipal, o día 19 de novembro de 2014.