Tomás de Dios visita os adestramentos do base do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tomás de Dios, ex adestrador do Santiago Futsal, e un dos primeiros embaixadores do club, mostra a súa implicación co Santiago Futsal realizando visitas aos adestramentos dos equipos de base. Desta maneira, o adestrador fai ver a súa participación no club, colaborando cun dos alicerces fundamentais do club como é a base.

Con esta iniciativa, todos os nenos do base do Santiago Futsal teñen a oportunidade de adestrar cun dos mellores adestradores de fútbol sala do panorama nacional.

Ao mesmo tempo, Tomás de Dios demostra a súa capacidade de adaptación para ser tamén un gran formador.

O adestrador xa visitou os adestramentos dos equipos alevíns, benxamíns e infantís de liga autonómica. Durante esta semana visitará os adestramentos dos nenos de categorías pre benxamín de segundo ano.

18 de novembro de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.