Todos os complementos para o fogar atópanse nos Mercados de Monforte
Esta fin de semana, días 22 e 23 de novembro, o mundo do fogar será o protagonista dos Mercados de Monforte.
Cinco comerciantes ofrecerán os mellores téxtiles, a máis suxestiva decoración e o máis completo enxoval para os nosos fogares. Outlet Mundo Fogar, Nita Veiga, De Cosas Bazar, Delux Decoración, e Alicia Decor, son os establecementos que xa confirmaron a súa presenza neste Mercado.
O Mercado do Fogar permanecerá aberto o sábado día 21 dende as 10:30 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que o domingo día 23 estará aberto soamente pola mañá, de 10:30 a 14:00 h.
A organización dos mercados está pendente da confirmación doutros comerciantes que poderían sumarse ós xa anunciados.











