Teo convoca unha nova edición do concurso de postais de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A Concellaría de Cultura, dirixida por Carme Hermida, convoca o concurso de postais de nadal dirixida a nenos e nenas de ata 6º de primaria. Os participantes xa poden entregar as súas obras dende hoxe 17 de novembro ata o 3 de decembro e para concursar só hai que estar empadroado/a en Teo e cumprir co requisito da idade.

Este concurso, que se realiza en Teo dende hai quince anos, ten tres categorías: A infantil de 0 a 6 anos; B nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria e C para os/as de 4º, 5º e 6º de primaria. En cada categoría hai un primeiro e segundo premio e o xurado poderá decidir a concesión de accésits. O 1º e 2º premio recibirán un diploma e un vale para material didáctico. A maiores algunhas das imaxes gañadoras ilustrarán a cartelería da programación cultural e de ocio para o Nadal.

Os traballos poden ter unha dimensión máxima de 21×15 centímetros e deben representar un debuxo e expresar un desexo en lingua galega. O tema será libre pero terá relación co Nadal. Cada postal debe ter escritos pola parte traseira o nome e apelidos, idade, teléfono, curso e colexio do/a participante.

Os debuxos xa se poden presentar no Departamento de Cultura do Concello de 08:00 a 15:15 horas, na Aula de informática da Ramallosa os luns e xoves de 16:00 a 20:00 horas e o mércores de 15:30 a 20:30 horas, na Mediateca do Grilo, na Casa Común dos Tilos ou nos centros educativos do Concello. De feito dende o Departamento de Cultura destácase a implicación dos centros escolares con este concurso, que fai que cada ano se rexistre unha alta participación.

17 de novembro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.