Teledeporte retransmitirá o Santiago Futsal – Burela Pescados Rubén
O encontro pertencente á 13ª xornada de Liga, que trae consigo o derbi galego entre Santiago Futsal e Burela Pescados Rubén, será retransmitido en directo a través da cadea Teleporte.
O encontro que enfronta a santiagueses e mariñaos disputarase no pavillón de Santa Isabel, debido á celebración dun concerto no Multiusos Fontes do Sar, o sábado 6 de Decembro.
As cámaras de Teledeporte desprazaranse á capital galega para retransmitir en directo este interesante derbi entre os dous equipos galegos.











