publicidade hoxe

Teatro na fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas do OUTONO CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

Venres 28 de novembro

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: As do peixe espectáculo teatral escrito por Cándido Pazó

O espectáculo teatral As do Peixe, no cal se honra a memoria das traballadoras da conserva. Unha obra escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez da Pena coa interpretación das actrices galegas Casilda Alfaro, Mónica Caamaño, Susana Dans e Rocío González.

A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.

A función está enmarcada no programa Outono Cultural que organiza a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Sábado 29 de novembro

16.00 h – Rúas e prazas de Rianxo
ADORNA RIANXO: iniciativa de rianxeiros/as

Adorna Rianxo é unha iniciativa de rianxeir@s para adornar as rúas e prazas, para o Nadal, con pezas feitas con materiais de reciclaxe. Máis información no seguinte enlace de facebook comunidade adorna rianxo

19.00 h – Salón de actos do Auditorio de Rianxo
RIANXO EN GALEGO:  o galego na corporación local organizada pola Plataforma Cultural Galega

Rianxo en Galego: o galego na corporación local organizada pola Plataforma Cultural Galega. Intervirán os exconcelleiros Anxo Vidal Vidal e Maribel Ces Hermo, Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; Hadriana Ordóñez, concelleira; Xosé Ramón Brea Rei, profesor e Xosé Agrelo, coordinador

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO:  COLÓN DEBE MORRER da Agrupación Teatral Criaturas

A Agrupación Teatral Criaturas estrea esta nova obra Colón debe morrer

A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.

27 de novembro de 2014 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.