Teatro Chévere actua o venres no Auditorio Municipal de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+

A compañía galega de teatro Chévere gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014 está incluida na programación de Vigocultura que se desenvolve no Auditorio Municipal, e actúa este venres día 28 de novembro coa obra “ultrapremiada” nos últimos María Casares “Eurozone”

“Eurozone” é un panfleto teatral sobre a crise da Eurozona. Un auténtico pastiche no que se mesturan as referencias directas a Reservoir Dogs, á linguaxe da publicidade, aos casinos online, aos bailes de salón e ao argot económico que asolaga as nosas vidas. “Eurozone” é unha farsa teatral sobre a crise da zona euro, sobre a fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora, sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar cada certo tempo, sobre unha clase dirixente que só exerce o poder no seu propio beneficio, sobre o secuestro da democracia por parte do sector financieiro.

27 de novembro de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.