Tameiga celebra esta fin de semana as Festas de San Martiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A parroquia mosense de Tameiga celebra as Festas de San Martiño 2014 que terán lugar a vindeira fin de semana e o propio día de San Martiño, concretamente os días 8, 9 e 11 de novembro.

O sábado 8 de novembro a verbena dará comezo ás 18.00 horas e estará amenizada polas charangas NBA da Coruña e Trouserghas das Neves.

O domingo, día 9, os actos festivos comezarán pola mañá cunha Misa Solemne ás 12.30 horas cantada pola Coral O Son Dos Cantares de Tameiga. Ás 13.30 horas chegará a actuación do Grupo de Gaitas de Herville e, a partir das 18.00 horas, empezará a verbena na que tocarán o ‘Trío Nostalgias’ e ‘Ce Orquestra Fantasma (O Home Orquestra)’.

Xa por último o día de San Martiño, o martes 11 de novembro, ás 18.00 horas celebrarase a Misa Cantada pola Coral Novas Voces de Cela, seguida de procesión. Á saída do oficio haberá unha castañada acompañada musicalmente polo Grupo A.C. San Martín de Tameiga.

Os asistentes á festa poderán degustar castañas tanto o sábado e o domingo como o martes, e tamén durante os tres días o recinto estará cuberto cunha gran carpa.

5 de novembro de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.