Suspéndese o corte do servizo de auga previsto para mañá pola noite
O corte do servizo de auga previsto para a noite do mércores e a madrugada do xoves queda suspendida até nova data, segundo tivo coñecemento este mediodía o Concello de Pontevedra. O concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González coñeceu arredor das tres da tarde a petición de Acuaes de suspender este corte por motivos técnicos.
Unha vez que se retome a previsión do corte, a Concellaría do Ciclo da Auga volverá a informar do operativo especial que estaba activado para retomar o suministro o máis rápido posibel.











