Simulacro de incendio no Centro Comercial As Cancelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Simulacro no centro comercial As Cancelas

Simulacro no centro comercial As Cancelas

O Centro Comercial As Cancelas levou a cabo con éxito un simulacro de evacuación que tivo lugar esta mañá ás 08:45 horas  no que participaron os Bombeiros de Santiago de Compostela, a Policía Local, a Policía Nacional e Protección Civil. O obxectivo desta actividade é levar a cabo un ano máis o plan de autoprotección do centro comercial, ademais de pór a proba os protocolos de evacuación, os medios técnicos do centro, e o adestramento do equipo de emerxencia, así como a coordinación cos servizos públicos de emerxencia.

O dispositivo activouse coa simulación dun incendio nun dos vehículos de exposición, os bombeiros interviñeron para controlar a situación e representaron o rescate dun traballador do centro comercial en planta cuberta.

Trátase dunha iniciativa máis coa que As Cancelas consolida o seu compromiso coa seguridade dos seus visitantes.

Seguindo esta liña, o Centro Comercial, está en proceso de implantación de UNE-ISO 22320 relativa á xestión de emerxencias.

24 de novembro de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.