Sesión de contacontos na Biblioteca de Ferrol
A Biblioteca Municipal Central de Ferrol celebra mañá venres unha sesión de contacontos coa presenza do narrador Pablisimo. Esta actividade, promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dará comezo ás 18:00 horas na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Municipal Central, situada na praza de España. Ë de carácter gratuíto.











