Servizos Sociais de Ribadumia organiza unha nova edición do curso para deixar de fumar
Tras o éxito do ano anterior o Concello de Ribadumia organiza unha segunda edición da acción gratuíta para axudar aos seus veciños a deixar de fumar.
A Concellaría de Servizos Sociais da localidade en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o CIM, imparten, a partir de xaneiro, este novo curso gratuíto na Casa da Cultura de Ribadumia.
O taller de deshabituación tabáquica, está distribuído en 7 sesións de hora e media, e está pensado para deixar de fumar de xeito progresivo e definitivo. Ademais, ofrécese orientación terapéutica que axude en cada caso personalizado a abandonar o hábito e a superar a síndrome de abstinencia.
O prazo permanecerá aberto ata o 23 de decembro e os interesados poden anotarse nos Servizos Sociais do Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00











