publicidade hoxe

Sergio González gaña o sorteo de “Chatear en Neda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Entrega do premio a Sergio González

Entrega do premio a Sergio González

Sergio González Fernández resultou gañador dos 250 euros do premio en metálico da ruta do pincho “Chatear en Neda”, organizado polos locais hosteleiros do centro da real vila en colaboración co Concello. Esta mañá, unha representación dos establecementos levaron a cabo o sorteo público nun acto celebrado no salón de plenos e coa presenza da concelleira de Turismo, Montse Rico. A de Sergio González foi a cartilla elixida entre as máis de sesenta que entregaron aqueles clientes que, durante o pasado fin de semana, realizaron as súas consumicións en todos os establecementos participantes. Estes foron: El Camino Inglés, Café Bar 124, Café Bar Jupe, Mesón O Fumazo, Bar Neda, Mesón O Cubano, Hamburguesería Entreríos, Café Bar A Pía e Cervecería O Lagar.

20 de novembro de 2014 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.