Semana atípica para o Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal regresa hoxe ao traballo despois de traer un punto da súa visita a Jumilla. O resultado de 2-2 ante Montesinos CFS Jumilla, rival directo na loita polos postos de permanencia, deixa aos galegos na undécima posición da táboa con 10 puntos, 3 por encima do descenso.

O equipo exercitarase esta tarde, nunha semana na que non disputarán partido de Liga, debido a que xogaron, en partido adiantado, o encontro correspondente a esta xornada a semana pasada fronte a Inter Movistar (2-4).

Persoal e corpo técnico aproveitará esta semana para recuperarse do maratón de partidos disputados os primeiros quince días do mes, con cinco partidos xogados en total. A semana que vén viaxarán a Barcelona, para medirse, o xoves 27, ao FC Barcelona.

Plan de traballo semanal

Luns 17 de Novembro
17h- Multiusos Fontes do Sar- Táctico

Martes 18 de Novembro
9.30h- Multiusos Fontes do Sar- Preventivo + Potencia Aeróbica + Porteiros
17h- Multiusos Fontes do Sar- Táctico

Mércores 19 de Novembro
17h- Multiusos Fontes do Sar- Táctico

Xoves 20 de Novembro
12h- Sesión no Balneario A Quinta da Auga

Venres, Sábado e Domingo
Días libres

17 de novembro de 2014 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.