publicidade hoxe

Sarabela estrea o seu novo espectáculo infantil no auditorio de Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

A creadora e directora da obra de teatro infantil “O último dragón”, Fina Calleja, do grupo de teatro Sarabela, acompañada do alcalde de Celanova, José Luís Ferro, e do resto do elenco que participa na obra, Elena Seijo, Sabela Gago, e Nate Borrajo, ademais de Fernando Dacosta, que non puido asistir, deron a coñecer hoxe ós medios de comunicación a estrea da obra no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

“O último dragón” é unha producción realizada integramente pola compañía teatral ourensá, sen recibir apoio público ningún, segundo destacou a súa directora, Fina Calleja, por que “malia á dificultade dos tempos, nós non queremos deixarnos levar por un decaemento da nosa actividade e queremos seguir mirando para adiante, porque seguimos crendo na necesidade da presenza do teatro na sociedade e aínda máis na presenza do teatro ante o público infantil”.

Fina Calleja destacou que na búsqueda de textos para poder transformar en representacións escénicas, para todo o grupo fora un descubrimento a autora inglesa Edith Nesbit, así como o galés Kenneth Grahame, os cales serviron de inspiración para esta obra que pretende ofrecer unha reflexión sobre moitos aspectos sociais deste noso país, aínda que transformados nunha linguaxe que non é só acaída para o público infantil, senón para o público familiar, facendo así unha chamada ó público da propia cidade de Ourense, co fin de que a súa presencia nun auditorio de fóra da capital non constitúa un impedimento, senón un atractivo engadido para levar ós seus fillos e fillas ó teatro.

Pola súa banda, o alcalde de Celanova, José Luís Ferro, agradeceu especialmente o compromiso da compañía Sarabela Teatro con Celanova e dun xeito especial co Auditorio Ilduara á hora de decidir estrear unha obra fóra do entorno da cidade de Ourense.

OBRA: O ÚLTIMO DRAGÓN

ESTREA: CELANOVA

LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL ILDUARA

DÍA: DOMINGO, 9 DE NOVEMBRO

HORA: 18,00 HORAS

PREZO: ADULTOS/AS: 5 € – NENOS/AS: 3 €

7 de novembro de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.