Santi Valladares: “Temos que facer un partido de poucos goles”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O técnico Santi Valladares compareceu esta mañá ante os medios de comunicación, previo ao encontro deste sábado en Jumilla, no que os de Santiago mediranse a un rival directo, o Montesinos CFS Jumilla.

Valladares analizou ao seu rival, un rival que comparte similitudes co Santiago Futsal “Ten un perfil de equipo parecido ao noso. Fichaxes que veñen de divisións inferiores, pero de moita calidade. Pero despois teñen aos dous arxentinos internacionais e contan cun persoal amplo, de moitas rotacións.”

O técnico galego tamén destacou o plus que supón para os locais xogar na casa “Na súa casa Jumilla é un rival moi complicado, non lle están saíndo as cousas ben como o ano pasado, pero na súa casa a afección aperta moito, e nunha cancha pequena como a deles, a afección é coma se fose un máis xogando.”

O adestrador do Santiago Futsal comentou que os CFS Montesino Jumilla buscará “ter o balón” e conta con xogadores como “Palermo, os irmáns Vaporaki, Aaron, Pizzaro, Josiko, Pichi, en portaría Chico… Os xogadores do ano pasado, que fixeron a Jumilla ser o equipo revelación da tempada pasada, aderezado con novos xogadores de calidade, é moi perigoso para o contrario.”

En canto á formulación do Santiago Futsal para o encontro do sábado, o técnico engadiu que “nós temos que tentar facer un partido de poucos goles.”

13 de novembro de 2014 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.