Santi Prego trae a Perlío “O teatro máis pequeno do mundo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFene
A-
A+

O narrador Santi Prego traerá a Fene este sábado, 29 de novembro, “O teatro máis pequeno do mundo”. Unha sesión de contacontos na que ofrece narracións populares, contos con participación do público, un romance contado con monicreques e outras historias e fabulacións. Será a partires das 12,30 horas no CCRD de Perlío e a entrada é gratuíta para os nenos e nenas de Infantil e Primaria de todos os colexios, a quenes vai dirixida a sesión. Contacontos incluído no programa da “Rede Cultural” que promove a Deputación provincial da Coruña en colaboración cos concellos.

Santi Prego é profesor da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia e fundador da compañía de Teatro Ollomotranvía. Entre os seus últimos traballos destaca a dirección do espectáculo de Nadal dos Bolechas en teatro; a codirección e producción do espectáculo “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola no campo da escenificación con títeres ou, na pequena pantalla, o seu papel en “Luci” na TVG. Con preto de dúas décadas de experiencia como narrador de contacontos, entre as súas actuacións máis salientables está a súa participación no programa da TVG “Apaga a lus” ou en diferentes universidades europeas.

27 de novembro de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.