Salvaterra aprobou invertir 20.920,90 euros na mellora do pavillón deportivo de Leirado
O Grupo de Goberno aprobou na última Xunta de Goberno Local as obras de cambio de pavimentación da pista do Pavillón Polideportivo Municipal de Leirado, que serán realizadas antes de finalizar o ano. Estas obras consisten na mellora do pavimento do terreo de xogo e a superficie limítrofe ao mesmo,así como a marcaxe dos campos de xogo de baloncesto, fútbol sala, balonmán e patinaxe; co fin de mellorar a práctica dos distintos deportes en beneficio dos participantes.
Este Pavillón foi feito pensando en dar servizo ás Asociacións e Clubs Deportivos das parroquias deste Concello, e principalmente ás parroquias limítrofes de Leirado,Uma, Vilacoba, Lira, Soutolobre e Meder, acercando as infraestruturas aos veciños e veciñas. Así mesmo é usado en horario escolar polos mais de 100 nenos e nenas do CEIP Chan de Leirado. Con este Pavillón tamén se pretende sacar carga ao Pavillón Cándido Carrera que se encontra no Casco Urbano.











