“Saímos aos cogomelos” en Boiro
A concellería de Turismo de Boiro, traslada esta xornada micolóxica para o vindeiro fin de semana.
Trátase dunha charla de iniciación impartida por Saúl de la Peña Lastre, persoal docente investigador da USC, e unha saída de campo para a recollida dos cogomelos.
A charla será o día 28 novembro de 20:30 a 22:00h e a saída o día 29 de 09:00 a 18:30h. no cntro social de Boiro
Continúa aberto o prazo de inscrición na Oficina de Turismo de Boiro. Praza de Galicia, s/n. Telf. 981842654. Mail: turismo@boiro.org