Ribadumia retoma as obras de mellora da seguridade vial en Tabueiros e Sisán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia retoma nos vindeiros días a fase final das obras para mellorar a seguridade viaria no lugar de Tabueiros e Sisán. As actuacións viranse paralizadas o xurdir un expediente de expropiación que se executou a pasada semana. Así, unha vez resolto , nos próximos días iniciarase a fase final ata o límite do concello con Cambados. O proxecto incluía a canalización de auga, sumidoiros e alumeado público e a creación de beirarrúas e zonas de aparcamento e está financiado a través dun convenio de colaboración entre a entidade local e a Deputación de Pontevedra.

A mellora da seguridade viaria é unha das máximas coas que traballa o Goberno de Ribadumia. Así, nos últimos anos priorizáronse proxectos que permitiron dotar de beirarrúas e mellorar a seguridade dos peóns en varios puntos do municipio, con actuacións en Leiro, Lois e Ribadumia. Como a rotonda en Lois, co obxectivo de mellorar a visibilidade nunha intersección con importante fluxo de tráfico ou as beirarrúas desde Sisán ata Lois. Neste caso, o lugar de Tabueiros é unha das entradas a Ribadumia, con gran circulación de coches, polo que a dotación de beirarrúas e prioritaria para mellorar a seguridade dos peóns e dos condutores.

21 de novembro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.