Ribadumia contará cun curso de técnica de relaxación e control do estrés
A concellería de Servizos Sociais de Ribadumia organiza un novo curso para promover a saúde psicosocial dos seus veciños: Técnicas de Relaxación, para aprender como respirar, onde están as tensións técnicas e como nos sentimos.
A través de esta actividades pretendese aportar ferramentas útiles para relaxarse, axudar a aliviar as tensións, ansiedade ou problemas para durmir. A través de exercicios de respiración e técnicas posturais procurarase a calma e o fomento de unha actitude positiva traballando pouco a pouco para mellorar o estado en xeral.
Esta acción esta organizada polo CIM da Mancomunidade do Salnés en Colaboración co Concello de Ribadumia e desenvolverase en dúas sesións no Centro Social de Barrantes, o 1 e 2 de decembro , desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas.
A actividade e de balde e os interesados poden apuntarse nos Servizos Socias do Concello os martes e os xoves de 9:00 a 14:00 horas.











