Ribadumia combate o aburrimento esta fin de semana
O Concello de Ribadumia prepara para esta fin de semana un revulsivo contra o aburrimento.
O sábado 15 de novembro, as 12:00 horas, profesionais titulados realizaran exhibición de Body jump, Recharge, GAP, Pilates e Aerobic na Praza do Concello ou no Centro Social de Barrantes en caso de Choiva. O obxectivo e proporcionar a oportunidade de probar gratuitamente a todas as persoas interesadas nas clases que comezaran a impartise a partir do vinte catro de novembro. A actividade esta incluída dentro do programa “Móvete con Nós” co que o Concello pretende fomentar a actividade física entre os seus veciños.
Para o domingo 16, a concellería de Cultura, propón un espectáculo de humor para adultos da man de Zarabandula teatro que porá en escea a obra “Xenitais”, unha comedia para escachar da risa.
A entrada é de balde, as 19:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.











