Rey Varela supervisa os traballos de reurbanización da praza río do Tronco
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe ao Ensanche A acompañado do concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro, tamén edil do barrio. Ä visita incorporaríase o titular de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación, Guillermo Evia Pérez, para comprobar tamén el xunto ao rexedor e os representantes veciñais o avance nos traballos de reurbanización da praza Río do Tronco, a actuación emblemática neste mandato no barrio e que atende a unha demanda histórica dos veciños. Esta visita enmárcase na cuarta fase do Plan de Barrios, plan de coordinación de todos os servizos municipais e empresas que traballan para a Administración ferrolá que permite actuar intensamente nos barrios e parroquias da cidade e aos veciños ter contacto directo cos seus representantes públicos e cos técnicos municipais que supervisan os servizos.
Durante o encontro de traballo cos membros da asociación de veciños do Ensanche A, Jose Manuel Rey anunciou a actuación de mellora que se realizará no Centro Cultural Carvalho Calero que se centrará no auditorio co acondicionamento do escenario para que poida acoller todo tipo de actividades, a habilitación de camerinos e dotalo de novo equipamento técnico de son e iluminación. Así mesmo, o rexedor municipal avanzou que, dende a Concellería de Servizos e Medio Ambiente, se está a traballar nunha intervención para rematar cos problemas na cuberta do centro cultural. Ademais, o primeiro edil da cidade comprometeuse á renovación integral da rúa Mosteiro de Monfero para o vindeiro ano, e avanzou a próxima instalación de 160 novas papeleiras no barrio, que virá a completar a primeira intervención xa feita de colocación destes elementos. Tamén informou á directiva veciñal que se investirán 25.000 euros na mellora dos parques infantís das prazas da Ilustración e Inferniño, actuación que nestes momentos está en contratación.
Ademais, o alcalde tamén aproveitou a visita ao Ensanche A para supervisar as obras de reurbanización da Praza Río do Tronco, unha demanda histórica dos veciños da zona e que forma parte do proxecto de cidade “Ferrol 2020” de Jose Manuel Rey Varela. Esta actuación permitirá a transformación e recuperación dun espazo degradado, mellorar a seguridade nunha zona en que hai varios centros de ensino e dar soución ao desorde circulatorio da zona.
Por outra banda, aos traballos realizados no barrio dentro desta cuarta fase do programa de coordinación de servizos hai que sumarlle as actuacións nos parques infantís do Inferniño e da Ilustración que se atopa en proceso de contratación. A intervención no Inferniño se centrará na colocación dunha randeeira-cesta para nenos de 2 a 14 anos; unha randeeira mixta para bebés e nenos de 3 a 14 anos; e o instalado nunha valla de madeira para protexer o acceso ao recinto da zona de xogos. Así mesmo, o parque da Ilustración contará cunha nova randeeira mixta e a instalación dun solo de caucho continuado e unha valla de peche. En canto ás tarefas de mellora e mantemento acometidas no barrio do Ensanche A polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello, ao abeiro da cuarta fase do Plan de Barrios, estas foron:
– A renovación integral dos viarios Manuel Belando, Cuntis, Pontevedra, Pintor Pérez Villamil, Instituto e Ministro Patiño. Ademais do pintado e sinalización das mesmas.
– Roce e chapeo en todo o barrio, especialmente nos solares das rúas Río Xallas, Seselle, Avenida De la Paz, Río Sil, Praza Río do Tronco e Torre de Moeche.
– Un total de 15.142 metros cadrados de limpeza e mantemento de zonas verdes, así como traballos de poda en Ministro Patiño, Cuntis, Pintor Bello Piñeiro, Alcalde Usero e estrada de Castela. Ademais da reposición dunha vintena de taboleiros en bancos do parque do Inferniño e a substitución de maceteiros.
– Revisión do funcionamento e estados dos xogos nos parques infantís da praza de España, Pérez Villamil, praza da Ilustración, praza do Inferniño.











