Restrínxese o paso ao tráfico rodado na rúa Méndez Núñez con María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa que o vindeiro luns, día 24, se procederá á restrición ao tráfico rodado da rúa Méndez Núñez cruzamento con María, debido ás obras de reurbanización da rúa do Sol e con motivo da conexión do colector de augas residuais. Este corte temporal se prolongará por un período aproximado de tres días.

A Policía Municipal propón os seguintes itinerarios para a circulación de acceso aos residentes e usuarios de garaxes na zona afectada. Así, poderán acceder polas rúas Coruña, Santos, Sánchez Barcaiztegui e Rampa, así como polos viarios de Concepción Arenas, Doutor Fleming, Santos, Sánchez Barcaiztegui e Rampa.

A reurbanización da rúa Sol que permitirá a mellora integral do que é un dos principais viarios de acceso ao centro da cidade segue avanzando segundo as previsións de traballo. Así, durante a xornada de onte, xa comezarán os traballos de formigado no tramo comprendido entre as rúas Terra e Rubalcava, que, ademais de eliminar o empedrado, resolverán de maneira definitiva os afundimentos e deficiencias que presenta este viario.

Canido

Ademais, a Policía Local informa de cambios de sentido na circulación de dúas rúas en Canido con motivo das obras de reurbanización da rúa Alegre no treito entre Sixto Seco e Santos. Estes dous viarios terán un novo sentido no tránsito rodado.

21 de novembro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.