Rescatan a dous tripulantes ao afundirse un pesqueiro no Cabo Udra
Dous tripulantes dun pesqueiro foron rescatados na mañá deste mércores tras afundirse a súa embarcación nas proximidades de Cabo Udra no municipio de Bueu (Pontevedra).
Segundo informaron fontes do 112 e de Salvamento Marítimo, a alerta recibiuse ás 11,34 horas por un pesqueiro que envorcara nas proximidades de Bueu.
Foi o pesqueiro ‘Novo Yolanda’, que estaba na zona, o que rescatou aos dous tripulantes da embarcación de nome ‘Casildo’, que se afundiu nas proximidades de Cabo Udra.
Os dous tripulantes foron levados ao porto de Bueu, até onde o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada, outra asistencial e un médico para atender aos dous feridos.
Fontes do servizo de emerxencias sinalaron que un dos tripulantes estaba grave e o outro “estable”. Fontes sanitarias confirmaron que ambos foron levados ao Hospital Montecelo, un en ambulancia medicalizada e o outro na asistencial.











