Regresan as sesións de spa para maiores de 60 con Aquactiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O programa Aquactiva, enmarcado dentro das actividades Vital +60, da concellería de Benestar Social Municipal, que dirixe Carme Fouces, volve a entrar en servizo grazas ao acordo entre o Concello e o centro Spabílate, da rúa San Antoniño.

Trátase dunhas condicións especiais que ofrece a instalación para maiores de 60 anos, que poden acudir unha hora semanal por 30 euros ao mes, polo que a sesión sae a pouco máis de 7 euros. Pode ir calquera persoa maior os martes entre 10 e 12 h ou os xoves entre 16 e 18. O número de prazas que se establecen é de 20, que serán asignadas por orde de solicitude.

As persoas interesadas poden solicitar a súa participación no propio spa urbano.

11 de novembro de 2014 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.