Quintana destaca a importancia da combinación barco-ferrocarril para mellorar a competitividade do sistema portuario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana destacou a importancia da combinación barco-ferrocarril para mellorar a competitividade e eficiencia do sistema portuario. Así o sinalou durante a súa intervención na inauguración do I Foro de Promoción do Porto de Vilagarcía de Arousa, na que se exporán en debaterán distintos aspectos da intermodalidade marítimo-ferroviaria.

Un Porto, o de Vilagarcia de Arousa, que tal e como subliñou a conselleira é a segunda terminal de colectores de Galicia, e moveu o ano pasado preto dun millón de toneladas, das que máis da metade corresponden a mercadorías en xeral, o 27% a graneis líquidos e un 21% a graneis sólidos.

A titular de Medio Rural e Mar sinalou que aínda que o Porto arousano conta cunha “conexión ferroviaria moderna e adaptada ás necesidades presentes”, está previsto que se acometa unha segunda fase do proxecto, que estenda o tendido desde Comboa ata Ferrazo, onde se sitúa a terminal de colectores do porto.

Do mesmo xeito, Rosa Quintana destacou que o Goberno de Galicia mantén unha fluída e necesaria comunicación coas Autoridades Portuarias en todos os aspectos, especialmente no que respecta á loxística e tráfico portuario.

Finalmente, a conselleira fixo fincapé na importante posición xeoestratéxica de Galicia no medio da ruta Europa norte-sur, e entre América e Europa. O sistema portuario galego esténdese ao longo de máis de 1.720 km de costa, conta con 128 portos dos que a Xunta de Galicia xestiona 122, engadiu.

21 de novembro de 2014 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.