“Quéreme, dame ás para voar” é acampaña de sensibilización do Concello de Ourense para evitar a sobreprotección

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A concelleira de Benestar Social, Marga Martín presentou esta mañá, no Salón de Plenos, o programa de Prevención e Educación Familiar para o ano 2014/2015, que pretende apoiar o papel dos educadores e das educadoras no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos nenos e nenas, ademáis de tentar incrementar a súa participación como mediadores e mediadoras nas distintas comunidades educativas e sociais. A concelleira estivo acompañada de Luis Rodríguez, responsable do programa.

Este ano levarase a cabo unha campaña de sensibilización sobre a sobreprotección e a permisividade “Quéreme, dame ás para voar” cuxo obxectivo é sensibilizar sobre a sobreprotección e a permisividade que se detecta no modelo educativo actual e que pode ser nocivo para os rapaces e rapazas nun futuro, ao tempo que informa dos recursos que presenta o Concello pra axudar aos pais e as nais na tarefa de educar. As accións da campaña darán comezo este luns co reparto de material informativo nos centros de ensino.

A campaña contará con boletíns informativos, unha bicicleta rotulada nas portas dos colexios e nas rúas e parques da cidade que portará o material informativo dos servizos e programas municipais para apoiar a nais e pais na tarefa de educar.

Escola de nais e pais 2014

Servizo que se ven desenvolvendo de xeito continuado dende o ano 1993, con este ano con novos obradoiros, que darán comezo no mes de xaneiro.

Cunha metodoloxía dinámica, activa e participativa desenvolveranse cursos dunha hora e media á semana cun programa que integra 3 apartados: en primeiro lugar, baixo o título “Familia e sociedade” trataranse temas de actualidade, como a situación das familias hoxe, a resolución de conflictos familiares e o desenvolvemento de habilidades sociais e de comunicación. Nun segundo bloque o “Desenvolvemento humano”, se tentará de explicar e formar en materia de habilidades sociais e de comunicación e resolución de conflictos.

No último bloque os servicios municipais tratarán o tema da “Familia e a adolescencia” poñendo enriba da mesa temas coma os transtornos alimentarios, a sexualidade e afectividade, as drogas e cómo educar no ocio, para previr conductas perigosas e que os nosos fillos e fillas sexan conscientes dos problemas que conlevan determinados comportamentos e recurran aos pais ante os problemas que lles poidan xurdir.

A familia ten a capacidade de convertirse en transmisora de valores, costumes, hábitos, modelos de comportamento, así como é un elemento de apoio, resolución de conflictos e sustento do Estado de Benestar. O Concello de Ourense consciente desta realidade, inicia hoxe a “Escola de Nais e Pais” dirixida a pais, nais e axentes educadores, cuxo obxectivo é concienciar da función como educadores, facilitar formación pedagóxica e establecer criterios de actuación, ademáis de apoiar ós pais e educadores na tarefa de educar, considerando aos pais e ás nais como principais modelos de identificación que teñen os nenos e nenas e son os encargados de transmitir actitudes, valores e habilidades, que lles permitan enfrentarse á realidade.

SMAFF

O servizo municipal de apoio ás familias con fillos ante situacións que desestabilicen a convivencia no fogar, orienta, asesora, media e deriva se é necesario a familias con fillos que se atopen ante situacións puntuais de conducta que poidan afectar ao benestar e ao equilibrio psicosocial do grupo ao que pertencen.

Ambos servizos, Escola de Nais e Pais e SMAFF son gratuítos e as persoas interesadas poden informarse nas dependencias da Concellería na rúa Concordia, 20, entrechán C, ou no teléfono 988 510 622.

21 de novembro de 2014 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.