Quedan prazas vacantes no curso Actívate de reparacións domésticas en Mos
A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza a través do programa Actívate da Deputación de Pontevedra unha acción formativa sobre reparacións domésticas de fontanería, albanelería e carpintería.
O curso dará comezo no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Mos mañá pola tarde e impartirase en horario de 17.00 horas a 21.00 horas. Sen embargo, como aínda quedan prazas vacantes, os interesados en participar no mesmo están a tempo de inscribirse acudindo ó Rexistro municipal no Concello ou ás oficinas do propio CDL.
Esta actividade formativa realizase en colaboración coa Deputación de Pontevedra, sendo esta a encargada de subvencionar o 100% do custo da actividade. O Concello de Mos cede as instalacións do Centro de Desenvolvemento Local para a realización da formación.
Os obxectivos destes cursos son desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e tempo libre, que sexan de interese xuvenil e respondan ás demandas da xente nova da provincia, realizar cursos de formación dirixidos a mellorar as competencias profesionais dos xoves co obxectivo de posibilitar e incrementar as súas posibilidades do acceso ó mundo laboral; no caso concreto do de reparacións domésticas de fontanería, albanelería e carpintería os obxectivos específicos perseguidos son adquirir coñecementos de substitución de billas e arranxo de avarías, realizar traballos simples de albanelería enfocados a pequenas reparacións, capacitar ó alumno para substituír portas, ventás, cristais, así coma os traballos de mantemento en carpintería, e coñecementos básicos sobre a electricidade e instalacións eléctricas. O curso terá unha duración total de 40 horas.











