Preto de 40 empresas da provincia da Coruña súmanse ao sorteo do segundo aniversario de Zona de Recreo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Con motivo do segundo aniversario, a axenda infantil da provincia de A Coruña www.zonaderecreo.es celebra un sorteo de máis de 150 productos e servizos infantís, coa colaboración de varias empresas da nosa provincia.

O venres 31 deu comezo o sorteo a través da páxina de facebook, no que se poderá participar ata o xoves 6 de novembro. Entre os premios do sorteo do segundo aniversario de Zona de Recreo hai vales desconto en tendas adicadas á maternidade, talleres gratuitos, descontos en matrículas ou clases de proba en centros especializados, ecografías 4D ou reportaxes fotográficos para nenos.

Zona de Recreo é unha páxina web onde tódolos pais da provincia de A Coruña poden atopar a enorme oferta educativa e cultural para os seus fillos. Funciona como unha axenda de actividades para os cativos, clasificada por idades. Tamén ten un calendario grazas o cal os pais poden planificar qué facer cos seus fillos nos días libres ou vacacións. As actividades que teñen máis éxito son os obradoiros e os contacontos, organizados polos concellos e polo pequeno comercio. Con esta páxina non só se pretende facilitar ós pais a procura de eventos culturais e educativos para os nenos, tamén se apoia ó pequeno comercio local, quen se esforza día a día e renóvase ofertando actividades para os nenos cada vez máis orixinais e creativas.

Dende Zona de Recreo animamos a tódalas familias a que coñezan www.zonaderecreo.es e participen no noso Sorteo Aniversario. Moita sorte a todos!

4 de novembro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.