Preséntase na Guarda a III Reunión Atlética Solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O venres 28 de Novembro presentouse a III Reunión Atlética Solidaria que organiza o Concello da Guarda para o próximo domingo 28 de decembro. No acto estivo presente o Alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e os concelleiros de Deporte e de Servizos Sociais xunto con os representantes das Asociacións colaboradoras.

Nesta edición contarase coa colaboración da Sociedade Atlética do Trega no desenrolo das carreiras populares que terá lugar no PORTO DA GUARDA e dende alí sairán os participantes da andaina e da carreira habitual dos 10 km. Como novidade os nenos tamén poderán participar segundo a idade e cun circuíto propio. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

A finalidade deste evento deportivo é a solidariedade coas familias sen recursos en datas tan sensibles como o nadal. Todos os alimentos entregados serán repartidos entre as familias con necesidade de Cruz Vermella, Conrazones, San Vicente Paul e Banco de alimentos do Concello da Guarda.

A inscrición é gratuíta e cada participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe. En especial agradecese a entrega de leite, azucre, cacao, chocolate, conservas, embutidos, aceite e produtos envasados ó vacío.

Todos aqueles interesados en colaborar na doazón de alimentos poden entregar a súa aportación durante o transcurso do evento. Non é preciso inscribirse para colaborar.

As inscricións deben efectuarse no enlace www.reunalia.com/1792751 e haberá que indicar os seguintes datos: nome, apelidos, mail, DNI, data de nacemento, localidade, provincia, teléfono e club se é o caso.

28 de novembro de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.